Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Dumbría e Mazaricos dan un salto e o Soneira demostra estar un punto por riba

Mazaricos co Val do Ulla
Terceira vitoria consecutiva do Mazaricos ante o Val do Ulla
1ª Galicia: Dumbría e Mazaricos dan un salto e o Soneira demostra estar un punto por riba

Importantes as vitorias desta semana de Dumbría e Mazaricos. A do cadro dumbriés, no derbi ante un Volantes pouco preciso, que mantén aos de Pablo Conde na 3ª praza e mete aos de Sil en postos de descenso directo. Un descenso do que escapa o Mazaricos trala súa terceira vitoria consecutiva, colocándose xa en zona morna.

Por arriba mantese o Soneira firme no liderato. Puido ter ampliado a distancia cos segundos, pero O Pino saíu vivo do Municipal. En todo caso, os de Pedro demostran estar un punto por riba de todos os seus rivais.

A última derrota da xornada, a do Baio, irregular coma ningún.

 

Soneira - O Pino (1-1)

  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, David Agra, Richi, Diego Lois, Darío, Alex Taibo, Pichi, Javi (Basti, m.4), Vía Rápida e Róber Pladur.
  • Goles: 0-1, m.56; 1-1, m.70: en propia.

Saíu vivo de Vimianzo O Pino gracias a espectacular participación do seu porteiro. A primeira parte estaría marcada un pouco polo vento cun Soneira que intentaría levar o peso do partido e O Pino que sairía replegado e buscaba achicar balón e algunha que outra contra e na que a ocasión máis salientable sería para o Soneira cunha boa internada de Richi que buscaría o pase da morte pero o porteiro sacaría un bo pé abaixo.

Na segunda meta o Soneira faría un dos mellores partidos da tempada e metería totalmente ao Pino na súa área cun vendaval de xogo de ataque e chegando con moito perigo. Primeiro sería Agra nun remate de cabeza á saída dun córner, pero nunha falta directa na única chegada que tiveron o balón bate na barrera e despista a Javi e fan o 0-1. A partir de aí o Soneira aínda se ven máis arriba e Pladur tería unha inmellorable ocasión dende o punto de penalti pero o meta visitante gañaríalle a partida cun auténtico paradón. Diego Lois tería unha boa ocasión cun centro envelenado de falta que se colaba pola escuadra e o meta visitande volve a sacar unha boa man. Pero noutra falta sacada por Diego Lois o defensa visitante introduce de cabeza o balón na súa portería para poñer o 1-1.

Quedaban 20 minutos de asedio total, primeiro Basti tería unha moi boa ocasión pero o defensa tapona o tiro, e despois cun balón que lle queda morto na área e o porteiro lle fai un paradón . E aínda tería o Soneira unha última por medio de Agra cun bo cabezazo e o porteiro lle responde cun paradón estilo porteiro de balonmán.
No bando soneirán debutaba un coñecido, Brais Mouzo.

 

Riveira - Baio (3-2)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Álex Varela, Damián, Carlos, Norberto, Bieito, Manu Santiso, Javi Suárez e Martín MC. Tamén xogaron: Pablo, Martín, Mario, Mohedano e Braian.
  • Goles: 1-0, m.10; 1-1, m.17: Manu Santiso de falta; 1-2, m.21: MC; 2-2, m.30; 3-2, m.64.

CD Baio en Riveira

Partido malo do cadro baiés, que tivo unha primeira metade absolutamente rota, con chegadas continuas ás áreas e erros das defensas dos dous bandos. Adiantáríase o cadro local, remontaría o Baio peor antes do descanso volvía empatar o Riveira.

O equipo local saíu mellor na segunda e conseguía meterse por diante. Adiantou filas o Baio, e tivo varias ocasións para empatar de novo, pero non tivo fortuna.

Esta mañá presentábase no Salón de Plenos do Concello de Muros o novo Partido Solidario con Cáritas. O mércores 18 de decembro terá lugar un choque entre a Selección Galega Xuvenil e o Celta Xuvenil, onde poderemos ver o melloriño da categoría.

O choque, que conta coa colaboración da RFGF, servirá para facer unha completa de recollida de alimentos para a entidade.

 

Volantes - Dumbría (0-2)

Volantes con Alex Pri
Volantes con Alex Pri-Foto-Adriana

  • Volantes: Marcos, Godo, Rachón, Amoedo, Jano, Charles, Óliver, Abel, Thiago, Pesco e Rubén. Tamén xogaron: Xian, Ángel, Tiko e Jose.
  • Dumbría: Anxo, Pablo Paz, Berto (Iago, m.60), Kanario, Mataso, Code (David, m.75), Xaco, Diego Cespón (Mario, m.75), Rivi, Dario e Yuyo (Xabi, m.70).
  • Goles: 0-, m.15: Pablo Paz; 0-2, m.30: Yuyo.

Dumbria CF en Muros
11 do Dumbría CF en Muros

Completo partido, con e sen balón, dun Dumbría que sacou os tres puntos do Eleuterio Balayo ante un Volantes que non tivo o seu día. Xa dende o comezo parecía que o partido tiña cor visitante, cun Dumbría dominador, un Volantes que acusaba o balón longo e parado, e un par de chegadas dos dumbrieses por erros na marca da defensa laranxa. Aínda así Pesco, a pase de Rubén, puido meter por diante aos locais.

Era Pablo Paz o que abría o marcador, e o Volantes tivo o empate na cabeza de Amoedo e de Charles pero irianse fóra. Non tardou o Dumbría en golpear de novo e Yuyo facía o segundo.

Na segunda o Dumbría estivo máis cómodo con balón ante un Volantes que nunca foi quen de meterse de cheo no partido, que foi esmorecendo con ese resultado.

O Volantes ten que sufrir ademais as lesións de Amoedo e Godo.

 

Mazaricos - Val do Ulla (4-2)

  • Mazaricos: Dani Fedello; Mario, Borja, Maroñas, Cutu (Pose, m.35); Adrián (José Ángel, m.80), Pereiro (Joseph, m.72), Fano, Barbeira; Yago (Ricardo, m.60) e Viturro.
  • Goles: 1-0, m.2: en propia; 2-0, m.5: Viturro de penalti; 3-0, m.43: Viturro; 4-0,m .60: Viturro; 4-1, m.63; 4-2, m.68.

Púñase de cara moi pronto o choque para o Mazaricos gracias a un erro do meta local. E sen tempo para nada, Viturro gaña o espacio e fanlle penalti, que el mismo trasforma no 2-0. Pero o Val do Ulla non lle perdeu a cara o partido e comezou a apretar, ante un cadro de Chicho que mantiña a idea de esperar atrás, intentar recuperar en campo contrario e darlle amplitude ao xogo. Xa ao fío do segundo tempo., Fano entra por bandal, conecta con Viturro e fai o 3-0.

Non fallou a concentración no comezo da segunda metade ante un Val que saía dous pasos adiante e comezou a crear perigo ás costas dunha defensa amarela que se sentía segura. Viturro, o máis listo da clase, completa o triplete aproveitando unha indecisión da defensa e o porteiro visitante.

Co 4-0 parece que os aparelos apagaron o motor, e un par de erros defensivos meteron ao Val do Ulla con 2 goles en 5 minutos no partido de novo. Tocaba volver sufrir, pero o equipo calmouse, reorganizouse a tempo e temporizaron o choque ata o final.

   

Todas as crónicas de 1ª Galicia

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios