Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os activistas e o cine documental levan a crúa realidade global ao Espazo de Narureza de Oza

Tardes no Espazo de Senda Nova
Os activistas e o cine documental levan a crúa realidade global ao Espazo de Narureza de Oza

Se o Casino 1889 acolle un ciclo de cine documental galego, a entidade Senda Nova tamén terá un mes de novembro de filmes e compromiso. As Tardes no Espazo, levarán xoves e venres de novembro sesións audiovisuais e encontros con activistas globais.

Xoves de Filmes

Os Xoves de filmes traerán propostas como “Chaves, la memoria exploliada”, “27 fragmentos de ecologismo social”, “Alta tensión, una brecha en el territorio” ou “Buenosdiastengausté”, a obra realizada por Senda Nova que percorre a segunda metade do século XX a través dos encontros realizados cos maiores de Bergantiños.

Encontros con activistas

As tardes dos venres terán grandes protagonistas. Persoeiros loitadores, que unen e vertebran mundos, dende áfrica, a Bergantiños, pasando por Honduras ou os Balcáns.

A carballesa Lorena Marrozos estará o venres 8 Novembro (ás 19h) para contar as sçuas experiencias como voluntaria que traballa con ONGs (Miradas al Mundo, JUTT Helping People, Aire, etc.) en diversos proxectos nos Balcáns, Guinea-Bissau e outros países en desenvolvemento, axudando ás persoas refuxiadas e con poucos recursos.

os hondureños Lucía e Doris (venres 15 novembro ás 19h) son persoas comúns, heroínas anónimas, que veñen darlle voz a veciñas e veciños de aldeas do Municipio de El Triunfo, no sur de Honduras, que se opoñen á ameaza da minaría depredadora na súa zona ante a pasividade das institucións públicas gobernamentais nacionais. Conseguiron impulsar un referendum (non vinculante) que declarou o seu concello como libre de minaría.

O carballés Moncho Ríos (venres 22 novembro ás 19h) falará de como o deporte pode ser unha gran base para o asociacionismo. É Cofundador da Media ducia e da asociación deportiva Atletismo Carballo.

O cabanés Paco García (venres 29 novembro ás 20h) pechará o ciclo contando unha das mellores historias de resposta social do rural, como foi aquela gran vitoria da veciñanza contra a megaminería contaminante da mina de ouro de Corcoesto.

Novas relacionadas

 

Comentarios