Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ángel Carracedo apadriña a Cea Solidaria coa Fundación Galega de Medicina Xenómica

Ángel Carracedo dando unha conferencia
Ángel Carracedo apadriña a Cea Solidaria coa Fundación Galega de Medicina Xenómica

Nova cea solidaria a que se vivirá o vindeiro 18 de abril en Carballo. A Agrupación Deportiva Un Paso Máis e Meu Gabinete artellan a Cea Benéfica en beneficio da Fundación Galega de Medicina Xenómica, que terá como eixe central a conferencia a cargo de Ángel Carracedo, eminancia mundial en materia de medicina.

Unha boa data ademais pois Carracedo foi investido este mesmo luns 'doutor honoris causa' pola Universidade de Minho polo seu papel como "personalidade esencial da sociedade científica", nunha cerimonia celebrada nas instalacións da institución portuguesa.

A cita será o vindeiro 18 de abril ás 20.30 horas, no Restaurante Punta del Este de Carballo.

A venta de entradas os xoves de 10.00 a 13.00 horas no 4ª andar do Espazo Xove de Carballo na oficina de Un Paso Máis, e tódolos días na Barbería Beni, Rúa Doutor Fleming, 2 Baixo Carballo. O prezo é de 30€ para adultos e 20€ para nenos de 3 a 11 anos. Poden informarse no 616574964 ou en [email protected].

Cea Benefica Xenomica

Comentarios