Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Asociación de Turismo Muxía Natural amplía os seus socios e presenta o seu Plan Director arredor de Moraime

Directiva da Asociacion Muxia Turismo Natural
Xunta Directiva da Asociación Muxía Turismo Natural durante a asemblea
A Asociación de Turismo Muxía Natural amplía os seus socios e presenta o seu Plan Director arredor de Moraime

Xa non só as casas de turismo rural forman parte da Asociación de Turismo Muxía Natural. Agora, coas esixencias do Cluster de Turismo, a entidade abriu o abano para incluír 22 á novos locais de restauración, alimentación e transporte. Así o ratificaron na Asemblea celebrada este luns no Mosteiro de Moraime onde a directiva repasou ademais a inclusión dos novos vocais: Carmen Vazquez de Apartamentos a Bughia, Cristina Luaces de Apartamentos Playa Cruz, e Ignacio Paz de Taberna de Moráime.

Ademais de facer balance das contas de 2018 e presentar o orzamento para este curso, a xunta directiva debullou o “Proxecto de dinamización Turistica Muxía Natural “, plan director 2019, proxecto que foi presentado á Deputación da Coruña para solicitude de subvención destinada a asociacións para a mellora de calidade, competitividade da provincia da Coruña, que está pendentes da súa aprobación. Lembran que a condición imprescindible era ter unha oficina de turismo aberta o público nun lugar histórico e situada no Camiño de Santiago, algo que a entidade cumple coa oficina aberta no propio conxunto de Moraime, que será un dos eixes do plan.

De feito, o Plan Director ten catro liñas de actuación:

  • Desenvolvemento do turismo Histórico e Monumental (camiño de Santiago).
  • Desenvolvemento do turismo Arqueoloxico.
  • Desenvolvemento do turismo Ornitoloxico.
  • Desenvolvemento do Turismo cultural.

Novas relacionadas

Comentarios