Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Derrubando Muros, a Batukada de Laxe e as filloas de Zas triunfaron en Portugal

Laura Tova e o pintor O’Mighelo con Xose Regueira na FIT
Laura Tova e o pintor O’Mighelo con Xose Regueira na FIT
O Derrubando Muros, a Batukada de Laxe e as filloas de Zas triunfaron en Portugal

Esta pasada fin de semana Portugal disfrutou das mellores cousas que temos na Costa da Morte. A Deputación da Coruña levaba unha completa expedición costeira á Feira Ibérica de Turismo da Guarda (FIT), onde ademais de produtos como o Pan de Carballo ou os Pinchos Irmandiños, foron protagonistas a artesanía dos Oleiros de Buño e as redeiras de Malpica, ou mesmo o Grand Trail Costa da Morte.

Filloas de Zas na FIT

Outros dos protagonistas foron a Asociación Trikitrakis de Laxe e mais as filloas de Zas

OConcelleiro Xose Manuel Pose na FIT

Xosé Manuel Lema, concelleiro de Turismo de Laxe fixo un percorrido completo polo Concello, pola súa gastronomía, patrimonio natural, aloxamento, segundo podemos ver estruturado pola web. Ademais, a exposición concretou a vista na tradición percusionista e dos cabezudos de Laxe, que segue viva gracias á Asociación TrikiTrakis, que se desprazou á feira. Simpáticos foron os folletos, nos que traían fotos antigas e nova deses cabezudos que son a alma das festas laxeiras.

A Batukada de Laxe no FIT
O Concellxeiro laxeiro Xosé Manuel Pose coa Batukada na FIT

Derrubando Muros

Outro dos focos de atracción foi a exposición do traballo de humanización urbanística de Carballo da man do proxecto Derrubando Muros con Pintura e Rexenera Fest. A pintora Laura Tova e o pintor O’Mighelo concluíron durante a xornada deste venres as obras de arte urbana que realizaron para FIT, e que identifican o paso da capital de Bergantiños pola cidade portuguesa.

Levan así un proxecto que leva desde o ano 2014 convertendo á capital bergantiñá nun auténtico museo ao aire libre.

“Facémolo na Guarda e non noutro lado porque estamos no vértice dun triángulo que destaca por esta arte. Guarda, Covilhã e Viseu teñen festivais de arte urbana consolidados, e un público acostumado a ver obras deste tipo na rúa e, por tanto, tamén temos un potencial cliente que se pode desprazar para ver estas pinturas”, explica o deputado provincial de Turismo e edil en Carballo, Xosé Regueira.

Murais de Laura Toba e O Mighelo na FIT da Guarda

Novas relacionadas

Comentarios