Imprimir

A #BorrascaKarim nunha vintena de impactantes fotos (e vídeos)

Ubaldo QPC | 20 de febreiro de 2021

Borrasca Karim por Santa Comba
A Borrasca Karim ao eu paso por Santa Comba, onde deixou as cifras de chuvia máis altas de toda Galicia

Ademais das impactantes cifras que deixou a #BorrascaKarim ao seu paso pola Costa da Morte, referidas a chuvias e refachos de vento (os máximos de toda Galicia), as imaxes poden servir para dar conta da súa potencia.

Semella que xa pasou o peor e se agarda que o domingo sexa un díamoito máis tranquilo, pero aquí deixamos un feixe de imaxes das medras e do impacto do vento en toda a Costa da Morte.

Comarca de Soneira

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Que pasa na Costa (@quepasanacosta)

Sen dúbida, o val de Soneira é unha das zonas máis afectadas, onde mesmo as rúas da capital vimiancesa parecían auténticos ríos. O propio río que pasa por detrás da vila desbordouse, deixando por exemplo, zonas como Torelo, completamente anegadas.

Tamén Zas sufríu os envites da auga anegando varias zonas. Mentres Camariñas tvo numerosas incidencias, resoltas ao longo da mañá, en Area da Viña, Xaviña… con estradas como a que vai a Camelle ou a de Dor anegadas, ata o punto de que se tivo que abrir o paso pola ponte da Ponte do Porto, que estaba pechada por obras, porque as outras estradas están inundadas.

Borrasca Karim en Zas
Inundacións en Zas

Santa Comba

Santa Comba é a zona onde máis choviu en toda Galicia nas últimas 24 horas, con ata 90 l/m2. Zonas como Esmorode quedaron absolutamente anegadas.

Comarca de Fisterra

Borrasca Karim nas estradas de Pereirina-Foto-Raf QUintans
Estrada da Pereiriña-Foto-Rafa Quintáns

Por Cee moitas estradas como as de Xallas ou Pereiriña foron superadas polos ríos, e outra vez a estrada que pasa pola fábrica sufriu desprendimentos.

Ademais varias estradas da comarca, como a de Sembra, sufriron a caída de árbores, e os Bombeiros tiveron que acodir a despexalas.

Borrasca Karim en Codesos-Cee-Foto-Barca Caamano
Zona de Codesos anegada-Foto-Barca Quintáns

Borrasca Karim na estrada da fabrica de Cee-Foto-Rafa Quintans
De novo problemas na estrada da fábrica-Foto-Rafa Quintáns

Borrasca Karim en Xallas-Cee-Foto-Rafa quintans
Borrasca Karim en Xallas-Cee-Foto-Rafa Quintáns

IMG_20210220_214440Garaxes anegada na recta da Anchoa de Fisterra

O mar de Fisterra deu todo un espectáculo esta mañá sabatina. Do mesmo xeito, a praia do Ézaro sufríu as consecuencias da forte mar e a area encheu o paseo marítimo.

Borrasca Karim na praia do Ezaro-Foto-Rafa Quintans
Así quedou o paseo do Ézaro-Foto-Rafa Quintáns

Ponteceso, capital acuática de Bergantiños

Borrasca Karim ao seu paso por Cundins-Foto-Anthia Romero
Cundíns-Foto-Anthia Romero

O Anllons desbordado ao seu paso pola Garga-Foto-Fatima Rodriguez
O Anllóns desbordado ao seu paso pola Garga-Foto-Fatima Rodriguez

Como sempre que hai crecidas, Ponteceso volveu sufrir unha xornada moi incómoda. O río desbordouse no centro da vila.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Miguel Amado Suarez (@miguel16j)

Tamén Laxe sufría as clásicas inundacións no paseo, chegando a auga ata as casas… Así quedou o CPI…

Borrasca Karim no CPI de Laxe
CPI de Laxe

Zona escolar de Laxe-Foto-Cris LagePase de Laxe aenagdo-Foto-Cris Lage
Zona escolar e paseo de Laxe anegados-Fotos-Cris Lage

Traba
Val de Traba anegado

En Carballo tamén houbo numerosas incidencias:

Comarca de Carnota-Muros

Accidente Carnota copia
Accidente en Carnota

Moitas incidencias tivo o GES de Muros, como un accidente serio ás 12:00, na AC550 o seu paso por Vilar de (Carnota). O conductor tivo que ser excarcerado e evacuado polo 061 con pronóstico reservado.

Borrasca Karim titou unha placa de publicidade en Carnota
Cartel de publicidade tirado polo vento en Carnota

Mentres, no peirao de Muros varios barcos quedaron así…

Borrasca Karim no peirao de Muros-Barcos caidos-Foto-Manuel Maria Candamo
Varios barcos caeron polo vento no peirao de Muros-Foto-Manuel María Candamo

As belezas

Un dos espectáculos máis fermosos destas xornadas de chuvia son as fervenzas. Aquí vos deixamos coas enchentas da Fernveza do Ézaro e de Castriz, gracias a Rafa Quintáns e Huelvis:

&nbps;

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/borrascakarim-nunha-ducia-impactantes-fotos-videos/20210220154619125125.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia