Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camariñas organiza a segunda Danza Rosa para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Camarinas_Danza_Rosa_2
A Danza Rosa celebrada o ano pasado en Camariñas.
Camariñas organiza a segunda Danza Rosa para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

O Concello de Camariñas fai por segundo ano consecutivo un chamamento á cidadanía para que se sume á Danza Rosa que levará a cabo o sábado 19 de outubro, ás 16:30 en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. 

A actividade consiste nunha danza de arcos, con punto de saída na praza do concello e chegada ata o porto, en apoio contra o cancro de mama e con todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade. Todas aquelas persoas que desexen participar e queiran facelo vestidas con camisetas e panos rosas deberán anotarse na Casa de Pedra, en horario de 10 a 14 horas, poñéndose en contacto coa técnica de Igualdade.

Comentarios