Imprimir

Cantigas da Terra leva unha exposición de pataches feitos en Canduas ata Monte Alto

que pasa na costa | 04 de marzo de 2020

Por toda Galicia quere levar Ricardo Tasende e a a entidade Cantigas da Terra a exposición fotográfica sobre os Barcos mercantes - pataches, feitos na Ría do Anllóns. Unha realidade que se remonta á época castrexa e que recolle a ampla presencia de Carpinteiras de Ribeira ou Estaleiros xa documentada por Martín Sarmiento no século XVIII.

A mostra, que amosa fotografías das embarcacións construídas no estaleiro de Canduas, Cabana de Bergantiños, recompiladas por Moncho García e Manuel Romero, visita a Coruña.

Estaleiros nos que se construían embarcación mercantes e cabotaxe como pataches, galeóns, balandros, paquebotes, ... e outras de menor tamaño dedicadas as artes de pesca.
Estaleiros que fornecían a economía local, pois ademais dos carpinteiros de ribeira, participaban serradoiros, carreteiros, carros e xugadas de bois para o transporte da madeira e moitos outros traballos e artes.

A exposición estará aberta do dia 2 de marzo ás 19:00h, ate o 29 de marzo, no local de Cántigas da Terra en Ramón del Cueto 31, Monte Alto, A Coruña. Os horarios son: luns (19:00 - 21:30), Martes (18:30 - 21:30), Mércores (17:30 - 22:00), Xoves (17:30 - 21:30), e Venres (19:30 - 22:00).

Exposicion de barcos feitos no Anllons

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cabana/cantigas-da-terra-leva-exposicion-embarcacions-feitas-canduas-ata-monte-alto/20200303223328118093.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia