mércores. 08.04.2026
El tiempo

A Fundación Juana de Vega e a EFA Fonteboa ofrecen unha xornada técnica con visita á Gandería Casais

Yann  Pouliquen en Coristanco
Yann  Pouliquen en Coristanco
A Fundación Juana de Vega e a EFA Fonteboa ofrecen unha xornada técnica con visita á Gandería Casais

O próximo martes, 14 de abril (9:30-18:00h) a Fundación Juana de Vega organiza unha xornada técnica na EFA Fonteboa (Coristanco) sobre produción de leite con enfoque rexenerativo. O programa inclúe unha visita a Gandería Casais, en Cabana de Bergantiños, unha explotación que está facendo a transición a este modelo.

O facilitador vai ser Yann Pouliquen Kerlau.

A asistencia é gratuíta e hai 15 prazas dispoñibles. Os interesados poden inscribirse a través deste formulario habilitado ata o luns, 6 de abril (14:00h)

Comentarios