Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dumbría pide a creación dunha canle de slalom no Couquiño acollendo a Copa Galega

Unha canle de slalom no Couquino do rio Xallas xa
Pegatina reivindicativa por unha Canle de Slalom no Couquiño do Río Xallas
Dumbría pide a creación dunha canle de slalom no Couquiño acollendo a Copa Galega

Este domingo o Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, Dumbría, acolle a Copa Galega de Slalom en augas bravas. E faino en clave reivindicativa, loitando para que a Xunta por fín apoie a decuación do tramo do Couquiño, no Río Xallas para que poida acoller probas internacionais de Slalom e concentracións de equipos foraneos, co que iso significaría en ingresos para a comarca.

O club municipal vai repatir unha pegatina reivindicativa entre os máis de 70 deportistas que van participar nesta Copa, procedentes do Club Tea de Mondariz, Quixos de Monforte, Teixugos de Goian, Penedo de Caldelas de Tui, además del CDM Piragüismo Dumbría.. Son os mellores deportistas galegos da modalidade os que se darán cita na primeira das probas que acolle o Xallas, xa que a semán que ven, será a Copa de España de Novas Promesas de Slalom a que visite a Costa da Morte.

Copa Galega de Slalom no Rio Xallas-Xuno 2019

Novas relacionadas

Comentarios