Imprimir

Excarcerada unha persoa tras sufrir un accidente ao seu paso por Bértoa, Carballo

que pasa na costa | 15 de agosto de 2019

Unha persoa foi excarcerada do seu vehículo despois de colidir, ás 01:00 horas desta madrugada, unha furgoneta e un turismo na AC-552, concretamente no punto quilométrico 30, ao seu paso polo concello coruñés de Carballo.

Foi a esa hora, cando un particular alertou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos cunha persoa atrapada estrada de Bertoa a Carballo. Así, o 112 Galicia, pasou aviso decontado aos servizos sanitario de urxencia e aos Bombeiros de Bergantiños. Do mesmo xeito, informou aos axentes de Tráfico e Policía Local e aos efectivos so Servizo Municipal de Protección Civil.

Tras finalizar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron ao persoal do 112 Galicia a excarceración do condutor da furgoneta. Ademais, sinalaron que o condutor foi traslado polos profesionais sanitarios ao Hospital Modelo da Coruña.

Nada mais ser evacuado polos servizos sanitarios, o persoal de mantemento da estrada encargouse da limpeza da vía.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/excarcerado-conductor-bertoa-carballo/20190815105103112305.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA