Imprimir

Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade

que pasa na costa | 15 de outubro de 2012

Victor Castineira inaugurando a exposicion sobre Domingo Antonio de Andrade

O pasado venres inaugurouse no Museo da Fundación Fernando Blanco a exposición "Domingo Antonio de Andrade (1639-1712): De Cee a Compostela. Vida e obra dun xenio". Unha cita importante no marco do Programa cultural artellado dende o Concello ceense.

Foi o armadanzas do mesmo, Víctor Castiñeira, o técnico de Cultura do Concello, historiador e colaborador desta casa, que ademais xa comezou cunha serie de artigos sobre o arquitecto, o que abríu a exposición, acompañado pola concelleira María Xosé Fandiño e a alcadesa Zaira Rodríguez.

Ó remate tivo lugar un concerto presentación do novo traballo do gaitero Oscar Ibañéz, "Alén do mar", traballo no que participa o acordeonista e director da Banda de Música de Cee, Fernando Fraga.

Programa

Ademais desta exposición, que permanecerá aberta ata o 12 de novembro cunha serie de visitas guiadas especiais para escolas, haberá 3 interesantes conferencias e un roteiro por Santiago de Compostela. Será o proio Castiñeira o que estree o cico de conferencias este mesmo sábado cun repaso pola vida do autor.

Domingo Antonio de Andrade (1639-1712)

Considerado como a principal figura no paso do clasicismo ó barroco en Galicia, a súa obra, durante os 40 años que estivo en activo, foi ampla e polifacética, pois abarcou a arte da talla e montaxe de retablos ademáis da arquitectura propiamente dita, e, dentro desta, traballou nos ámbitos religioxos, civís e militares.

As súas obras talladas en madeira, baldaquinos e retablos, foron como indagacións previas que logo influíron na súa propia arquitectura tanto na orde decorativa como na estructural.

  • 1639: Nace en Cee.
  • 1654-56: Estudia Artes e Cánones en Santiago.
  • 1662: Traballa na Catedral de Santiago.
  • 1666: Contrata o retablo da Capela Maior da Igexa de Cee.
  • 1669: Fai a planta para a restauración da igrexa de Salvaterra.
  • 1672: Aparellador maior da Catedral compostelana.
  • 1676: Mestre de obras, sucede a Peña de Toro. Comprométese a facer a Torre do Reloxio.
  • 1678: Obras de Sacristía da Catedral de Lugo e o baldquino do Mosteiro de Oseira.
  • 1679: Fai o baldaquino do altar do Sto. Cristo da Catedral de Ourense.
  • 1680: Remata a Torre do Reloxio da Catedral de Santiago.
  • 1683: Realiza varios traballos na Catedral de Lugo.
  • 1685: A Casa da Parra en Santiago.
  • 1687: Retablo da Capela Maior do Santo Domingo.
  • 1693: Retablo para a Cofradía de Animas de Cee. Fai obras de reedificación en Sto. Domingo de Bonaval: tres lenzos do claustro, fachada da portería é a célebre escaleira de caracol.
  • 1695: Publica o seu libro "Excelencias, Antigüedad y Nobleza de la Arquitectura".
  • 1699: Morre a súa dona Isabel de Arenas.
  • 1700: Acaba o Pórtico Real da Quintana, e o segundo corpo da Porto Santa. Foi ordenado presbítero.
  • 1707: Casa da Praza de Feijóo.
  • 1709: Casa da Conga, na Praza da Quintana.
  • 1712: 12 de novembro, morre en Santiago, sendo enterrado na catedral.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/exponendo-a-arquitectura-de-domingo-antonio-de-andrade/20121015071026071406.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia