Imprimir

Farándula Velutina métese na final do Certame "Xuventude Crea"

Redacción | 14 de outubro de 2020

Cartel da obra do grupo Farándula Velutina
Cartel da obra do grupo Farándula Velutina
Segue gañando premios o grupo de teatro corcubionés Farándula Velutina. Se a obra “Papiroflexia” xa levou dous premios, e este curso prevese tamén proveitoso xa que acaban de recibir unha boa nova.

A Secretaría de Política Social da Xunta de Galiza confirmaba esta semana que, por segundo ano consecutivo, o grupo está entre os finalistas no Certame "Xuventude Crea", coa obra "Animais de compañía”, tamén escrita polo mestre Fernando Castro Paredes. Unha peza que trata sobre a violencia de xénero, o amor aos animais e a liberdade individual.

A obra representarase en Santiago de Compostela, xunto coas outras cinco finalistas donde o xurado decidirá os gañadores. Será o 29 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 20:00h.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/corcubion/farandula-velutina-metese-final-do/20201013142246122543.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia