Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mazaricos

Florentina Atán, ex taxista: "Non me aceptaban os compañeiros"

A historia que vos ensinamos hoxe do proxecto A Costa das Mulleres é o claro referente de muller coraxe. Florentina Atán é unha mazaricana que, tras separarse con 32 anos e con dous nenos ao seu cargo, tivo que coller o taxi e sacalos adiante sen axuda paterna.

Agora as cousas foron cambiando, pero no momento no que Florentina se uniu á profesión de taxista, aquilo era un "mundo de homes", indica Atán. Un mundo do que non saería ata a súa xubilación.

"Non me aceptaban os compañeiros e eu econtrábame fora de lugar", asegura a mazaricana no vídeo da A Costa das Mulleres. Incluso conta nunha anécdota que nunha ocasión intentaron entretela e menospreciala nunha das súas viaxes como taxista. Aínda así, isto nunca foi un impedimento para Florentina, quen en todo momento seguiu adiante e se fixo respetar dentro do seu oficio.

De todos modos, Atán, está moi orgullosa de onde é e da xente que a rodea e, a pesar dos poblemas que lle puidesen ocasionar nun pasado algunhas persoas, ela afirma que "en Mazaricos hai xente moi boa e moi traballadora".

Florentina Atán, ex taxista: "Non me aceptaban os compañeiros"