Imprimir

Fotodesfeita: Podando a final de verán e deixando a maleza no río

que pasa na costa | 30 de agosto de 2019

Maleza da poda no medio do Camiño dos Faros
Maleza da poda no medio do Camiño dos Faros

A ruta dos Muíños é un dos sendeiros naturais máis fermosos da comarca de Bergantiños. Forma parte ademais da 3ª etapa do prestixioso Camiño dos Faros, ao seu paso por Cabana, e é un sendeiro que usan centos de sendeiristas, veciños e turistas ao longo do ano, tendo no verán unha afluencia especial.

Pero este final de agosto, a zona quedou algo descoidada. Hai apenas unha semana realizaron unha poda para que a ruta fose máis transitable. Ata aquí todo perfecto. O malo é que os camiñantes agora atópanse con toda a maleza espallada polos regos, polos camiños, polas beiras das canles… No canto de retirar a maleza zona deixaron todo esparcido polo medio do bosque.

Son varios os veciños que nos envían estas fotodenuncia, que consideran ademais que estas labores de poda deberían ter sido realizadas no mes de abril, non a finais de agosto.

Poda realizada no Rego dos MuinosMaleza espallada polo Rego dos MuinosMaleza espallada polo Rego dos Muinos 2

OUTRAS FOTODESFEITAS

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cabana/fotodesfeita-podando-final-veran-deixando-maleza-rio/20190830131643112588.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA