Imprimir

O GALP aproba 850.000 para 7 proxectos empresariais turísticos

que pasa na costa | 26 de xuño de 2020

Un restaurante, 4 centros de actividades ou campamentos, e un aloxamento, ademais do centro para maiores privado de Ponteceso, son os proxectos empresarias que axuda o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro GALP Costa da Morte. Unha clara demostración da intención da UE de ir reubicando os sectores produtivos do mar no mundo do turismo.

A convocatoria de 2020 aprobou esta semana estes 7 proxectos produtivos e outros dous dos proxectos non produtivos (promovidos pola Cofradía de Pescadores de Camariñas). O importe total dos investimentos de todos estes proxectos supera os 2,3 millóns de euros, sendo o importe das axudas propostas polo grupo supera os 889.000€. As porcentaxes de axudas aprobadas van desde o 30% ata o 47% nos proxectos produtivos e do 90% nos non produtivos.

Productivos:

Proxecto % financiación Importe axuda €
Devalar do Mar: Espazo Multiexperiencia CAMARIÑAS 30,72% 200.000,00
Centro de Investigación, Formación e Coidado de Persoas Maiores PONTECESO 36,26% 200.000,00
Restaurante Material: Ó Abrigo do Nordés en Malpica MALPICA 47,00% 77.901,67
Campamento e Centro de Degustación Praia de Nemiña MUXÍA 43,00% 189.203,69
Pantocazo (actividades de ocio e tempo libre) LAXE 43,00% 8.483,05
Albergue de Surf Razo CARBALLO 43,00% 106.312,34
Cabanas da Fonte (aloxamento en cabañas) CABANA 43,00% 71.973,84

 

No productivos

Tipo de proxecto Localidade % financiación Importe axuda
Actividades Formativas para Capacitación e Ampliación de Competencias do Sector Pesqueiro Camariñas 90% 19.103,99
Mellora e Optimización da Conservación Ambiental e Control do Recurso Camariñas 90% 16.552,98
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/galp-aproba-850000-7-proxectos-empresariais-turisticos/20200626105404120228.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia