Imprimir

Laxe estrea a súa web turística coincidindo co Naufraxio

que pasa na costa | 16 de agosto de 2018

web turismolaxe

Este venres 17 de agosto celébrase unha das 10 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte. O Naufraxio de Laxe, unha singular representación que simboliza o espírito mariñeiro da vila de Laxe e un dos atractivos turisticos máis importantes da vila.

A súa historia e de outras moitas cousas xa están inseridas na nova web turística municipal www.turismolaxe.gal. Unha demostración do empeño da Concellería de Turismo, Hostalería e Comercio que dirixe Xosé Manuel Pose Lema (BNG), e que se ratifica con feitos como o o libro de José Vidal e a recuperación do seu Arquivo, así como a vitalidade do Museo do Mar.

Ademais, a nova web ten todas marabillas naturais como Os Penedos, e información útil para o visitante.

Máis información

https://quepasanacosta.gal/axenda/naufraxio-de-laxe/

Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/laxe-aproveitou-a-festur-para-promocionar-e-confirmar-un-bo-orzamento-para-o-naufraxio/ https://quepasanacosta.gal/laxe-viviu-o-seu-milagreiro-naufraxio/

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/laxe/laxe-estrea-a-sua-web-turistica-coincidindo-co-naufraxio/20180816024925088911.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA