Imprimir

Mazaricos inviste máis de 25.000 euros nas obras de mellora do campo e do aparcamento de San Cosme

que pasa na costa | 23 de xullo de 2018

obras-san-cosme-mazaricos As obras puxéronse en marcha unha vez que a Igrexa lle cedeu os terreos ao concello O concello de Mazaricos vén de comezar as obras do campo e do aparcamento en San Cosme dándolle resposta así a unh demanda histórica da veciñanza. Para posibilitar a obra foron precisas conversas coa Igrexa que cedeu os terreos ao concello. Coas obras levarase a cabo a limpeza e a conservación hórreo patrimonial que hai no terreo e da casa rectoral. O investimento da obra é con fondos do concello e ascende a 25.758€. O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirmou sentirse moi “contento” porque “unha demanda tan repetida da veciñanza de San Cosme se faga por fin real”. Outras obras Dende o concello tamén sinalan que están postas en marcha as actuacións nos camiños rurais nas parroquias de Alborés, Chacín, Maroñas, Mazaricos e Vaos, orzamentadas en 82.000€. Tamén se comezou a realizar o novo camiño de Atán ao Monte Aro; unha obra destinada a mellorar o tránsito de vehículos agrícolas nas abas do monte Aro. Por outra parte, estanse a desenvolver as obras de abastecemento de auga para Foxas, Castro e Vilar de Castro. O concello tamén está a desenvolver o plan de desbroce duns 800 quilómetros de estradas locais e camiños agrícolas a través de empresas subcontratadas e persoal municipal e para o que se destina un orzamento de 100.000€. “É unha partida elevada”, afirmou o alcalde “pero este ano hai moita maleza polas condicións climatolóxicas”. Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/mazaricos-inviste-mais-de-25-000-euros-nas-obras-de-mellora-do-campo-e-do-aparcamento-de-san-cosme/20180723100553088707.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia