Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día

O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día
O ex presidente da Deputación Moreda vendo as obras do Centro de Día de Corcubión no 2011 O ex presidente da Deputación Moreda xa visitou as obras do Centro de Día de Corcubión no 2011

Dende o 2009 está o proxecto en marcha. Pero a falta de financiamento provoca que a parálise sexa a protagonsita en Corcubión. Desta volta, o BNG de Corcubión recorda a necesaria posta en marcha do Centro de Día de Corcubión. Se ben a rehabilitación dos edificios Padroado e Asilo no centro da vila que acollerán o Centro está rematada, aínda parece que falta moito por facer.

O primeiro sería a transmisión da pertenencia ao Concello da Fundación que albergaba o antigo Asilo. Alomenos así o entende o BNG, que pediu información sobre ese traspaso pero se atopou con que no citado expedente “non figura” documentación algunha, agás un folio con “catro liñas que en absoluto se corresponde coa documentación necesaria para poñer o Centro de Dia en funcionamento".

Denuncia así o BNG corcubionés que o goberno municipal está "ocultando información", polo que formulará no vindeiro no pleno do dia 23, unha pregunta o respeito, para pedir explicacións e que se aclare públicamente a situación na que se atopa este edificio.

IBI

Por outro banda o BNG instará ao Goberno Local a revisar e rebaixar o IBI, comunmente chamada “contribución”, con carácter xeral, rebaixándoo dos tipos aplicados entre os anos 2012 a 2015 pola aplicación da normativa básica estatal que impuxo o Goberno central e introducindo bonificacións dirixidas a persoas e familias con ingresos e rendas baixas, para adaptalo as posibilidades e necesidades que teñen os veciños e veciñas deste concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Corcubión.

Comentarios