Imprimir

O concello de Zas imparte un taller de técnicas de estudo

que pasa na costa | 17 de xaneiro de 2018

Un total de 45 alumnos e alumnas do 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO do CPI de Zas participan estes días nun taller de técnicas de estudo que vén de poñer en marcha o centro en colaboración co departamento de Servicios Sociais do concello de Zas. A iniciativa, impulsada desde o departamento de orientación do CPI coa finalidade de que os nenos e as nenas participantes tomen conciencia da importancia do estudo para a aprendizaxe, coñezan e apliquen as distintas estratexias e técnicas que lles permitirán aumentar o seu rendemento escolar e poidan aplicar esas técnicas ás distintas áreas. Para conseguilo abordaranse aspectos como a mellora da comprensión a través da lectura, a planificación, a memorización ou a importancia do repaso. O obradoiro abrangue un total de seis sesións, de 50 minutos cada unha, que se desenvolverán todos os luns ata finais do mes de febreiro. A metodoloxía das sesións é práctica e participativa. Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/o-concello-de-zas-imparte-un-taller-de-tecnicas-de-estudo/20180117060537086793.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia