Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Modesto patrimonio: O arado de madeira ou tamén chamado romano

O Modesto patrimonio: O arado de madeira ou tamén chamado romano
Xa nos temos preguntando a canto sae un ferrado na Costa da Morte?. Hoxe, o bo de Modesto García Quintáns quere falarnos do arado romano, unha especie en perigo de extinción, e de paso, irmos de sementeira.

”O arado de madeira ou tamén chamado romano”, por Modesto García Quintáns

Arado de Madeira no Vilar 17-05-1997 O carro das vacas, xunto co arado de madeira, foron dúas ferramentas fundamentais de progreso para os nosos antepasados labregos. O arado de madeira, tamén coñecido como “arado romano”, xa está desaparecido nas casas de labranza, pero quizáis o podamos encontrar nos escasos museos etnográficos da comarca. A aparición dos arados de ferro con vertedeira, arrastrados por potentes máquinas que fan surcos profundos e voltea e esponxan a terra, fixo que o arado romano, con moitos séculos de uso as súas costas, desaparecera da nosa xeografía. Pero para que nos demos conta das tarefas que facía este arado na nosa comarca imos retroceder uns cantos séculos atrás poñéndonos na época foral onde predominaba o cultivo do trigo e mailo centeo. Arado de madeira-DebuxoArado de madeira-Debuxo A sementeira destes cereais tiña certos rituais que se debían cumprir. Comezaba polo mes de setembro cun programa determinado: labrar co arado romano, gradar para deixar a leira achandada e carretar o esterco da cañeira e das cortes dos animais para as leiras, tarefa feita a man e moi costosa polos malos camiños. A sementeira tíñase que contar coas fases da lúa, non se podía facer no “couce” ou na “punta” da lúa, tampouco nos días de brétema, e todas esta tarefas tiñan que rematar pola festa do Ézaro de San Sadurniño (29 de Novembro). Unha vez sementado, había que “soumar”, que consistía en facer surcos profundos, paralelos e separados sobre metro e medio. A terra que levantaba o arado servía para cubrir a semente mediante a ferramenta coñecida como “o trullo”. Grade de ferro Grade de ferro A recolleita do gran comenzaba sobre o mes de xullo, segando a planta pola metade cun fouciño con fío de serra e facendo pequenos montóns pola “mardia”, chamados “parba” que despois se ataban facendo “monllos”. Estos eran levados con moito coidado a eira para secar e despois “mallar” cos manles e, ultimamente coa máquina de fogo. Outro día falaremos de como se sementaba o trigo e mailo centeo polo monte facendo estivadas, moitas delas aínda conservan as paredes vellas. Despois de mallado e limpo viña o máis doloroso: o reparto das rendas. O primeiro era separar as rendas forais para pagar ao Conde de Altamira, e no caso de Buxantes, os frades de Moraime, e despois as rendas das confrarias, a do médico, a do cura, a das festas patronais, as misas dos difuntos e as ofrendas ós santos, e algunhas máis. Ós pobres xa pouco lles quedaba e os ricos podían sacar pola venta das sobras algúns reais para comprar máis leiras, ter vacas a ganancia, poder pleitear con algún veciño ou dar préstamos tendo de fianza algunha propiedade. Ferrados en Cee ou Bainas-Medidas del grano Que tempos aqueles...! Neste artígo acompáñase unha gráfica dos valores do trigo e mailo centeo desde o ano 1746 ata 1800. Os datos foron sacados das rendas que pagaban os veciños de Buxantes tomando como base o valor da venta na feira de Baíñas. Se vos fixades, os valores van variando segundo o ano, formando dentes de serra. Destacan a do ano 1770 e o 1786 non que disparataron os prezos. Esto puido ser motivado a algunha peste contaxiosa ou por algún desastre na climatoloxía da comarca. Valores do ferrado entre 174 e 1800
  • Modesto García Quintáns.
 

Novas relacionadas

A canto sae un ferrado na Costa da Morte?
    .

O Patrimonio Modesto

Fonte

Comentarios