Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O temporal de chuvia deixa numerosas incidencias na comarca

O temporal de chuvia deixa numerosas incidencias na comarca
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/595001754266811/?t=1 As consecuencias do temporal deixan moitas árbores caídas, bastantes saídas de vía, e moitas, moitas inundacións… Os arredor de 100 l/m2 que se rexistraron en varios puntos da comarca durante practicamente as 24 horas do sábado, sen parada, tiveron como consecuencias as grandes riadas que continuamente asolagan as nosas vilas. Vimos como estaba Laxe, para non perder o costume, como estaba Vimianzo absolutamente desbordado, ou como quedaron algúns campos da volta, que provocaron a suspensión durante a xornada sabatina de varios partidos. Unha das imaxes máis impactantes déronse en San Martiño de Ozón, en Muxía, onde o desbordamento do Rego de San Martiño, que pasa por detrás da Igrexa, provocou o derrubamento da estrada, en dúas pontes, pois tamén en Cebráns sucumbía o asfalto ante a forza da riada. Ponte de Cebrans arrasada pola riada-Foto-Protec Civil Muxia Ponte de Cebráns arrasada pola riada-Foto-Protec Civil Muxia Asi quedou o Paseo dos Muinos-Foto-Proteccion Civil Muxia Así quedou o Paseo dos Muíños-Foto-Protección Civil Muxía Os voluntarios de Protección Civil estiveron case desbordados, como os ríos, pois dende as 17:30 comezaron a chegar os avisos e non pararon ata a madrugada. E iso que estiveron traballando arreo dúas unidades de 10 persoas, axudados pola Policía Local, Operarios municipais, e mesmo o alcalde. Os desprendementos nas estradas mesmo fixeron que o Concello tivese que tirar de empresas externas para limpar zonas onde os taludes caían sobre as estradas. Precisamente as estradas sufriron tamén varias, como a de Muxía a Cee, a de Villarmide cara Touriñán, ou nos lugares de Agreiras, no cruce de Cartel e Morpeguite, tiveron que ser pechadas por balsas de augas. Tamén en Muxía houbo numerosos casos de anegamentos en vivendas (3 vivendas en Muíño, o restaurante Saburil, en Nemiña...), sotanos, garaxes... en zonas como Fumiñeo, Castro de Frixe, os Muíños, Nemiña ou Merexo. Non quedou aí a cousa, pois as pasarelas de madeira da paseo fluvial da Fonte da Tella, como lle pasou aos do paseo dos Muíños, e mais ao de Cereixo, foron arrasadas polas riadas. Tamén quedaron dous coches atrapados por balsas de auga en Merexo e Cartel. Ademais, houbo numerosos cortes nas estradas da bisbarra, e lugares como o porto de Cereixo, quedaron practicamente esnaquizados. Baixos anegados polas chuvias-Foto-Proteccion Civil Muxia Baixos anegados polas chuvias-Foto-Proteccion Civil Muxia Estradas anegadas en Muxia-Foto-Proteccion Civil Muxia Estradas anegadas en Muxia-Foto-Proteccion Civil Muxia

Derrubamentos de pistas

Así quedou a famosa pista que vai de Arou ao Cabo Vilán, na zona do Reira na baixada cara o cemiterio dos Ingleses. Derrubamentos da pista doe Reira-Foto-Marite Derrubamentos da pista doe Reira-Foto-Marité Tedín

Inundación en Laxe

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/1947288755567520/?t=1

O campo do Ponteceso

https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/2047226955299600/?t=0  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-temporal-deixou-un-regueiro-de-incidencias-e-cifras-extremas-de-vento-e-chuvia/

Comentarios