Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Obradoiro dual Sete Fontes formou 20 persoas para o mercado laboral

Clausura do Obradoiro de Emprego Sete Fontes de Carnota e Murps
O Obradoiro dual Sete Fontes formou 20 persoas para o mercado laboral

Tralo remate do Obradoiro de Emprego dual “Conecta2018” de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría, este martes tocaba oechar o curso no Obradoiro de Emprego comarcal Sete Fontes que se impartiu entre os Concellos de Muros e Carnota. Foi coa clausura e a entrega de diplomas deste Obradoiro que permitiu formar 20 alumnos/as nas especialidades de Atención sociosanitaria e interpretación e Educación ambiental.

Clausura do Obradoiro de Emprego Sete Fontes de Carnota e Muros
Juan Manuel Saborido "Moma", facendo entrega dun diploma en presencia de Inés Monteagudo

A alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, destacou a necesidade da actuación das administracións locais no ámbito da formación, co fin de mellorar a empregabilidade da veciñanza e procurar a súa inserción efectiva e adaptada no mercado laboral.

Pola súa banda, o alcalde carnotán Juan Manuel Saborido, “Moma”, destacou a importancia das dúas especialidades, xa que son reflexo das necesidades da comarca, e a necesaria colaboración entre os dous concellos para desenvolver proxectos conxuntos e impulsar iniciativas que posibiliten o desenvolvemento do territorio.

O delegado territorial, resaltou o interese da Xunta de Galicia destacou a alta inserción que van ter ambas especialidades na zona, respondendo ademais á necesidade de sacar persoal cualificado nas dúas áreas. Volveu dar a interesante cifra: “as estatísticas demostran que o 60% dos participantes logran atopar un emprego nos primeiros seis meses e incluso antes de rematar a súa formación, o que pon en evidencia a utilidade destes obradoiros”.

Novo Obradoiro

Ademais, anunciou boas novas para a comarca de cara á consecución dun novo obradoiro de emprego, que aparecerá publicado en datas próximas (Obradoiro Xuvenil As Fontiñas).

Novas relacionadas

Comentarios