Xoves. 28.03.2024
El tiempo

”Ogallá os responsables políticos sexan conscientes do que teñen co patrimonio náutico e subacuático da Costa da Morte e lle saquen partido"

”Ogallá os responsables políticos sexan conscientes do que teñen co patrimonio náutico e subacuático da Costa da Morte e lle saquen partido"
Foto do Museo Seo de Corcubion Imaxe do interior do Museo Seo de Corcubión Furgonetas trasladando material do Museo Seo de Corcubion Furgonetas trasladando material do Museo Seo de Corcubion-Foto-Aquiles Garea Unha pequena alarma saltou estes días na comarca de Fisterra, ao ver varias furgonetas sacando caixas do Museo Seo de Corcubión. Moitos pensaron que se trataba da crónica dunha morte anunciaba, e que xa procedían ao desmantelamento dunha das xoias museísticas máis singulares da Costa da Morte. Pero non é así. Trátase dunha cesión de diferentes pezas para unha exposición temporal nun museo de Galicia. Pero a realidade é que este fermoso e salgado Museo, creado pola ilusión de Marcelo Castro Rial, esmorece, unha vez que a familia non consegue mantelo vivo e activo. Pechado dende 2014, antes incluso do pasamento da Neria, encargada da xestión durante anos, téñense ata realizado algunha campaña mediática para recuperalo. Sen éxito, porque nin o Concello de Corcubión (que non ten capacidade para asumir un proxecto de tal envergadura) nin a Xunta, nin a Deputación (a última referencia ao interese da Deputación no Museo Seo de Corcubión é de 2016) parecen interesarse por todo ese legado náutico-mariñeiro. Mentres centos de cartas e mapas náuticos, máquinas de todo tipo, bitácoras, escafandras, maquetas de barcos… seguen esfolándose na fría humidade da Costa da Morte. Maquetas no Museo Seo d Corcubion Maquetas no Museo Seo de Corcubión

O proxecto do Museo Subacuático da Costa da Morte

Paralelamente, seguimos desprezando o valor da inmensa riqueza dos pecios que temos nas augas Costa da Morte. Miguel San Claudio en Cee Miguel San Claudio nunha charla en Cee Un dos grandes valedores do noso legado submarino é o arqueólogo Miguel San Claudio. que en numerables ocasións ten evitado extraer pezas dos pecios da Costa á superficie porque sabe que non quedará na comarca onde debería quedar. Sobre o futuro do Museo Seo de Corcubión, non é moi optimista. “Esto non é ningún desmantelamento, pero a verdade é que non confío en que todo ese patrimonio quede moito tempo aí, porque nalgún momento terán que decidir que facer con el. O edificio aparentemente está ben, e é certo que a colección, que é magnífica, necesita unha volta. Pero é unha verdadeira pena que non se lle estea sacando partido”. A realidade é que ningunha administración ten mostrado un interese importante nin na restauración do Museo Seo de Corcubión, nin no evidente proxecto do Museo do Patrimonio Subacuático da Costa da Morte. “Levamos 30 anos dedicado a loitar por un Museo así na Costa da Morte, e esperamos non pasar outros 30, pero a vedade é que non parece haber ninguén o suficientemente interesado. Si que temos tido conversas coa Deputación, pero aí quedaron”, lamenta. ”Ogallá os responsables políticos sexan consicentes do que teñen e lle sacaran partido, porque para ideas moito máis peregrinas si que hai recursos…”, lamenta de novo. Xa en 2011 A Xunta aseguraba que estudiaría a creación dun museo destas características, pero dende aquela non se ten feito absolutamente nada. Veremos se a posta en marcha da WAOH Ruote, pode servir de acicate para recuperar o proxecto. Museo Seo de Corcubion-Foto-Mimadrina Foto-Mimadriña

Novas relacionadas

Comentarios