
Ata ás 20:40h deste martes 1 de febreiro de 2011 non saíron do Xulgado de Corcubión os 6 imputados da "Operación Orquesta" tras prestar declaración ao longo do día.
Os alcaldes de Fisterra (José Manuel Traba) e Mazaricos (José Santos Maneiro),
así como os 2 concelleiros fisterráns (Ramón Redonda e Santiago Insua) saíron en
liberdade provisional con cargos con obrigación de comparecer quincenalmente polas dependencias xudiais.
Pola súa banda,
Daniel Ogando (pai) e Daniel Ogando (fillo), de Construcciones Ogando saíron en liberdade provisional baixo fianza de 10.000€. que terán que presentar mañá. .
Moitas expectación
Unha morea de veciños de familiares de Fisterra, a plana maior do PP da comarca, e familiares de Senande e Mazaricos, agolpábanse entre a numerosa prensa diante do Xulgado e acosando aos policías nacionais.
O primeiro en amosarse foi o Daniel Ogando pai, que saía á saudar á familia arredor das 19:00h. Ogando ante a avalancha de xornalistas, asegurou "Podedes sacar as fotos que queirades".
A espera eternizouse e as malas linguas aseguraban que a tardanza debíase a que no xulgado só había unha secretaria... Foi o alcalde de Mazaricos, Santos maneiro, o que falou en primeira instancia, e con tranquilidade explicou que sae en liberdade provisional con obrigación de comparecer quincenalmente. O alcalde de Fisterra, achegouse ata o Carrumeiro, onde deu unha pequena rolda de prensa asesorado polo seu avogado, e
ante a mirada de ducias de veciños que corearon o seu nome e os dos concelleiros. Traba afirmou que non sabe os cargos que se lles imputa.
Mañá máis
Para mañá mércores tocaralle pasar polo Xulgado ao alcalde de Cee, Ramón Vigo, emais o empresario corcubionés Jorge López.
Cómpre lembrar que os políticos foron imputados nesta
"Operación Orquesta" polos delitos contra a administración pública "prevaricación, soborno, tráfico de influencias e falsificación documental”.
A investigación desenvolta polo xuiz Andrés Lago leva un ano en marcha, e as escoitas telefónicas parecen claves para destapar a trama das supostas comisións por obras públicas.
Novas relacionadas
Fonte