Venres. 26.04.2024
El tiempo

Óscar Lema anuncia que deixa da primeira liña política

Oscar Lema deixa a primeira lina da politica en Za
Óscar Lema deixa a primeira liña no pleno de Zas tras case 20 anos de servizo
Óscar Lema anuncia que deixa da primeira liña política

Esta mañá de mércores 18 de decembro, o pleno de Zas tivo un inesperado protagonista. Óscar Lema, o teniente alcalde, anunciou a súa retirada da primeira liña política. Óscar, presidente ademais de Protección Civil dá un paso atrás pero non desaparece, e se ben rexeita continuar cobrando a dedicación exclusiva, non deixará a súa acta de concelleiro. “Quero deixar claro que esta é unha decisión totalmente persoal e tamén me gustaría que todos e todas entendérades que despois de 20 anos necesito un descanso”, sinalou.

Durante o seu anuncio, aclarou que continúa coa súa acta de concelleiro e participando na Xunta de Goberno. “Sigo aquí. Así que xunto cos meus compañeiros e compañeira de Goberno, seguirei achegando a miña experiencia de todos estes anos e traballando día a día con Lolo, que é o mellor Alcalde que Zas pode ter”.

O concelleiro quixo facer un repaso da historia do BNG de Zas dende os seus inicios, no ano 1999 e cando el contaba con 19 anos, ata a actualidade. Óscar Lema é concelleiro de Zas dende o ano 2001.

Tivo palabras de agradecemento para todos os que pasaron polo seu lado.

Aprobados os proxectos incluídos dentro do Plan Único POS+ para o 2020

A Deputación da Coruña achegará un total de 331688,98€ incluídos dentro do POS+ 2020 e outros 288609,54€ do Plan Complementario. A meirande das obras serán para a conservación das estradas (64630,59€ destinaranse á mellora do firme e ancheamento), pero tamén haberá 267058,39€ que se destinen a gasto corrente entre o que se inclúe o alumeado público e a limpeza e mantemento dos edificios públicos (centros educativos e centros de saúde, instalacións deportivas, dependencias municipais,…).

A corporación municipal aprobou tamén o Plan Complementario 2020 no que se inclúen distintas obras por un importe total de 288609,54€. Entre as actuacións a acometer figuran a reforma da zona de vestiarios do pavillón municipal de Baio (141379,38€), acondicionamento das áreas de estacionamento e accesos ao campo de fútbol de Zas e ao tanatorio municipal (92498,96€); e traballos de mellora e conservación nas estradas municipais de Fornelos (Baio), O Couto (Muíño), As Pedresqueiras (Baio) e na estrada de Teixedón a San Roque (Mira); todas elas por un importe de 54731,2€.

Comentarios