Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un concurso de fotografía do máis gandeiro

Un concurso de fotografía do máis gandeiro
Os autores das fotografías premiadas recibirán vales de compra por valor de 150, 100 e 50 euros Os autores das fotografías premiadas recibirán vales de compra por valor de 150, 100 e 50 euros Unha das actividades que xa está en marcha e que se enmarcan na Semana Gandeira de Mazaricos é un concurso de fotografía que baixo o lema "persoas de todas as idades, interactuando con animais ou no agro" poden participar todos aqueles interesados tanto do propio concello de Mazaricos como de outros. Os participantes deben enviar a súa foto ao número 608 936 448 a través do Whatsapp. Poden facelo ata o 20 de novembro, incluído. Os autores das fotografías premiadas recibirán vales de compra para canxear nos establecementos de Mazaricos, por valor de 150€, 100€ e 50€. Os premios entregaranse o sábado 28 de novembro, no polideportivo da Picota, no marco das actividades da Semana Gandeira. Outra das actividades máis destacadas desta Semana Gandeira organizada polo concello de Mazaricos é unha xornada técnica sobre o sector lácteo, que se desenvolverá o 28 de novembro na casa da Cultura da Picota. Durante a xornadas haberá diferentes conferencias na que se abordarán distintos aspectos relacionados co sector. Programa: 
  • 10:00 Produtos específicos para gandeiros. Jesús Combarro, director de Bancoagro (ABANCA).
  • 10:30 É rendible producir leite e Galicia?. Juan Freire Quintáns, asesor da Cooperativa Agraria Provincial.
  • 11:15 Propiedades do leite na saúde humana. Mitos e realidades dende o punto de vista científico. Carlos Spuch Calvar, investigador do IBI.
  • 12:15 Alimentación, manexo e eficiencia alimentaria. Adrián González Garrido, veterinario-nutricionista .
  • 13:00 Mesa Redonda: Retos, oportunidades e realidades do sector lácteo.
- Ismael Herruzo. Gandeiro de Córdoba, membro da cooperativa Valle de los Pedroches. - Jerome Baron. Técnico de Chambre de Agriculture de París. - Ángel Miranda González. Director da área de alimentación da cooperativa Os Irmandiños. Moderador: Marcos Fernández. Veterinario
  • 14:15 Clausura: alcalde de Mazaricos e a Conselleria do Medio Rural (Ángeles Vázquez)
Novas relacionadas Fonte

Comentarios