Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un Nadal máxico en Cee

Un Nadal máxico en Cee
Este domingo 16 arrinca o programa de Nadal do Concello de Cee co Concerto de Nadal da man da Coral Costa da Morte. A cita será ás 20:00h no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura. Na mesma liña e no mesmo lugar, o alumnado da Escola de Música celebra o Festival de Nadal este vindeiro martes 18 a partir das 19:00h. As citas continúan cun especial encontro coa deportista Susana Gómez Castiñeira no marco do programa EDUC-ANDO. A cita, na Casa da Cultura ás 11:00h cos escolares e ás 19:00h aberto ao público. O venres 21 a Biblioteca Francisco Mayán acolle de 17:00h a 19:00h un Obradoiro de xogos de mesa para nenos e familias desde os tres anos.. Colabora tamén o Concello no V Recital Poético Solidario Internacional que terá lugar o propio venres 21 ás 20:30h na Casa da Cultura.

Nadal máxico

Unha das maiores apostas é o Nadal máxico traerá varios espectáculos de maxia os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, a partir das 18:00h co Mago Paco, Marcos Escudero, Ian & Elisa, O Mago Romarías e o Mago Rafa respectivamente. E para rematar, despois da tradicional cabalgata pola vila ceesa, haberña festa de benvida na Praza da Constitución ás 17:00h do sábado 5 de xaneiro.

Chocolatada

Ademais, tamén haberá chocolatada que organiza o Centro social de Cee para o vindeiro 21 de decembro.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cee-acolle-un-recital-de-nadal-solidario-que-tamen-se-celebra-a-nivel-mundial/

Comentarios