Imprimir

Un operativo para buscar a un pescador desaparecido na costa de Malpica

que pasa na costa | 14 de marzo de 2016

Exercicio de Salvamento do helicóptero de Lires Imaxe de arquivo do helicóptero de Salvamento Un home desapareceu este mediodía cando estaba a pescar coa súa cana en Punta Nariga, no concello coruñés de Malpica de Bergantiños. Un particular alertou da desaparición ao CAE 112 Galicia ás 14:30 horas. Segundo explicou, o home estaba a pescar cun compañeiro. Cada un deles atopábase nunha zona de rochas distante e non o daba lozalizado. O persoal do 112 Galicia informou decontado ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Salvamento Marítimo puxo en marcha decontado un operativo de rescate no que mobilizou aos helicopteros Helimer 209 e o Pesca II, así como a embarcación Tara da Cruz Vermella. Os efectivos do GES de Ponteceso, tamén alertados polo CAE 112 Galicia, activaron un operativo de rastrexo por terra. No dispositivo tamén están a participar varios membros de Protección Civil de Malpica. O perímetro de busca exténdese dende Punta Nariga ata Punta Barizo. Neste momento, o operativo continúa aberto. Fonte
  • 112.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mar/un-operativo-busca-a-un-pescador-desaparecido-na-costa-de-malpica/20160314060550080326.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia