Corcubión avanza para rehabilitar a súa praza e o seu casco histórico

Segue Corcubión pendente do PXOM, pero parece que pode dar tres de pasos adiante.
Plan de Rehabilitación
Vén de publicar o BOP a convocatoria de subvencións para a rehabilitación en edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana do casco histórico de Corcubión. Unha boa ocasión para propietarios da zona que queiran facer reparacións nas súas vivendas mantendo a estrutura do pobo.
As contías máximas son de 57.800.000€, e teñen un mes para presentar as solicitudes.
Solar do cine vello

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de declarar o solar do cine vello como zona de interese público, polo que, dándolle a razón ao grupo de goberno, permitirá a expropiación deste solar no medio e medio da vila, que a piques estivo de convertirse nun edicifio.
Hai cartos para a expropiación, parece, polo despois de máis de 15 anos cun solar que parece unha selva no medio e medio da vila (no número 1 da Praza Castelao), poderá formar parte do proxecto da nova praza. O Concello iniciaba os trámites para recuperalo en 2009.
Veremos se o grupo de goberno recupera aquel concurso de ideas que abriu aos veciños en 2009.
O edificio no medio da Praza

Outra das edificacións enquistadas durante anos é o edificio que hai no medio da praza. Gatos, lixo, silvas… medran no baixo deste imperial edificio de pedra do número 12 que mor dunha altura de máis non puido ser rematado.
En todo caso, parece que o propietario ten un plan para reformalo conforme ás normativas. Serían dous pasos para que a Praza de Castelao estea á altura da beleza de Corcubión.
Novas relacionadas
- 9-11-15: PaCOR esixe que o Concello de Corcubión retome o PXOM.
- Outubro 2014: Un PXOM irresponsable en Corcubión.
- Maio 2011: O Solar do Cine vello pasa a ser zona verde en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- La Voz.