sábado. 14.02.2026
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza do Ézaro

A Fervenza do Ezaro un dia de tempora-Foto- Mario Rodriguez
A Fervenza do Ézaro un dia de enchentas-Foto- Mario Rodríguez
Recunchos da Costa: A Fervenza do Ézaro

Aproveitamos estas datas chuviosas para rescatar un Recuncho que aínda, por evidente, non incluíramos no noso mapa dos #RecunchosdaCosta (no que xa temos 17 augas caídas). A Fervenza do Ézaro, a cascada do Xallas, o Coadoiro… é un dos atractivos turísticos máis importantes da comarca.

A maxestuosidade do lugar, sito as faldas do imponente Monte Pindo; a maxia de estar no único río da Europa peninsular que desemboca en cascada; a potencia da natureza, convirte o lugar nun dos espazos máis máxicos da Costa da Morte.

fervenza ezaro rafa 10-2024-Foto-Rafa Quintans
Foto de Rafa Quintáns

Ademais de gozar da enseada, un espazo ademais cunha oferta deportivo e de ocio estupenda en tempos de verán, a visita complétase coa subida ao Alto do Mirador, lugar xa fetiche do ciclismo internacional, dende onde se pode contemplar o Monte Pindo e toda a praia e o lugar do Ézaro.

Vistas dende o Mirador do Ezaro
Vistas dende o Mirador do Ézaro da enseada, o lugar do Ézaro e o mar
Vistas dende o Alto do Mirador do Ezaro pero do treito entre o encoro e a caida-Foto-CasaGhabino
Vistas dende o Alto do Mirador do Ézaro do treito entre o encoro e a caída-Foto-CasaGhabino

Estes días de enchentas, a pasarela de acceso á fervenza está pechada por seguridade, pero reabrirase cando volva baixar ata o caudal ecolóxico habitual.

Unha historia clave

As primeiras fotos da Fervenza do Ezaro
Posiblemente as primeiras fotos da Fervenza do Ézaro, en 1936 rescatadas por Suso Jurjo

Un lugar con moita historia, como nos conta Suso Jurjo nun completo artigo en QPC, que define moi ben a política de explotación que vive a nosa comarca. Coa posta en funcionamento do encoro de Santa Uxía en 1990, o tramo de río situado entre a presa e a desembocadura quedou sen unha fecha de auga ao ser desviado o caudal por un túnel e unha tubaxe ata unha nova central situada ao pé da pequena ría. As protestas de colectivos e asociacións ecoloxistas foron continuas, pero Ferroaltántica mandaba máis e non foi ata o ano 2000 cando a Xunta e a empresa se inventaron o “novamáis”: Fraga veu inaugurar a fervenza. En realidade, a repartura só implicaba que a empresa tivese que abrir o encoro algún sábado, como feira para visitantes…

Tivo que ser unha denuncia da asociación ecoloxista AEMS- Ríos con Vida, a que obrigou a liberar cando menos un caudal ecolóxico no último quilómetro e medio de río entre o encoro e o mar, o que liberase definitivamente a Fervenza do Ézaro en 2011.

Foto de Marcos Rodríguez realizada o día da liberación da Fervenza do Ézaro en 2011
Foto de Marcos Rodríguez realizada o día da liberación da Fervenza do Ézaro en 2011

O seu crecemento como referente turístico foi paulatino, con picos claros como o paso da Volta Ciclista a España, que colocou un lugar como verdadeira marabilla da humanidade, e que consegue xuntar 4000 persoas cada fin de semana co espectáculo de luces e son que o Concello de Dumbría realiza nas noites de verán.

A Fervenza do Ézaro iluminada por verán
A Fervenza do Ézaro iluminada por verán
Un dia de Semana Santa na Fervenza o Ezaro
Un dia de Semana Santa na Fervenza o Ézaro

Novas relacionadas

Como chegar

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios