Carnota, Corcubión, Coristanco, Muros e Vimianzo celebran o día da Muller "Contando en feminino"
          
    07:12 01/03/16 
            
Ademais da  I Gala Solidaria do Día da Muller, organizada pola Organización Feminista Buserana, durante este días hai varios actos na Costa da Morte cos que reivindicarán o Día da Muller. Precisamente, o Concello de Corcubión vén de anunciar unha sesión de contos de igualdade e non violencia de xénero que terán lugar o findeiro sábado, 5 de marzo, ás 12 horas na biblioteca municipal da vila.
Serán historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
"Contamos todas en Carnota, Muros, Vimianzo e Coristanco"
Este martes ás 10:30h. arranca "Contamos todas" no Ies Lamas de Castelo, no Concello de Carnota. Trátase dunha programación da Área de Igualdade da Deputación da Coruña dirixida a alumnas e alumnos de varios concellos da provincia, a través da cal a compañía Tropa de Trapo levará a Fene, Cedeira, Brión, Muros, Ordes, Carnota, Vimianzo, Rianxo, Coristanco e Sada propostas teatrais e de debate para a sensibilización en materia de violencia contra as mulleres e igualdade de xénero.
Novas relacionadas
- Para que o Día da Muller sexa algo máis que unha efeméride
 - 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
 - As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
 - A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
 - A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
 - Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
 - Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
 - Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
 
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
 - Corcubión