Coristanco tamén rexistrou un forte incendio que afectou a 23 hectáreas


Tardou en extinguirse ata as 5:45h desta pasada madrigada do mércores ao xoves, o incedio forestal rexistrado na parroquia de Couso, en Coristanco (#IFCousoCoristanco, como o califica a Xunta dende o seu tuiter de información @incendios085). Un lume que se iniciaba ás 18:18h da tarde de onte, apenas un rato despois do de Muxía, e que afectou a unha superficie de 23 hectáreas (aproximadamente 23 campos de fútbol).
Na súa extinción traballaron 3 axentes forestais, 7 brigadas, 3 motobombas e 2 helicópteros. Como dicimos, a superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 23 hectáreas, na súa maioría rasas.

Informar
Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893).
E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Incendios forestais 2015
- 15-07-15: Un novo incendio arrasou case 10 hectáreas en Coucieiro.
- 14-07-15: Extinguido o incendio que arrasou con 42 hectáreas en Berdoias.
- 19-06-15: Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres.
- 16-06-15: Un incendio en Vimianzo calcina parte dunha explotación gandeira.
- 09-06-15: Gures estrea a tempada de incendios.
Novas relacionadas
- Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención.
- Unha de prevención: A Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).