mércores. 30.04.2025
El tiempo

Corme, San Lorenzo e Volantes cun pé fóra da Copa por aliñación indebida

Corme, San Lorenzo e Volantes cun pé fóra da Copa por aliñación indebida
Imaxe do Corme-Montelouro de Copa da Costa 2016-Foto-Fin Lema Imaxe do Corme-Montelouro de Copa da Costa 2016-Foto-Fin Lema

Chega completo o parte de sancións desta ida dos Dezaseisavos de Final da Copa da Costa 2016. Varias denuncias por suposta aliñación indebida deixan a 3 equipos cun pé fóra dos Oitavos.

O Montelouro denunciou ao Corme (o Corme vencera 1-0), o Buño ao San Lorenzo (o San Lorenzo vencera 0-1), e o Malpica ao Volantes (o Volantes vencera 5-3), os tres por supostas aliñacións indebidas dun dos seus xogadores que estarían sancionados, unha vez que este ano a acumulación de cartóns amarelos en liga contan tamén na Copa.

Teñen agora uns días de prazo para presentar alegacións os tres clubes acusados.

Crónicas da Costa da Morte

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios