![No roteiro deste sabado visitaran a Pedra da Arca]()
No roteiro deste sábado visitarán a Pedra da Arca. Imaxe: Vimianzo Turismo
O vindeiro sábado, día 24, Vimianzo despide o
programa de visitas guiadas "Pon as botas!" - posto en marcha este mes de setembro pola concellería de Cultura -. cun
roteiro polos dolmens do municipio.
A visita parte ás 10 horas do Castelo vimiancés para realizar un roteiro - dunhs
8 quilómetros - no que visitarán os dolmens de Pedra Cuberta e Pedra Moura. Dende alí, camiñarán até Pedra da Arca e tamén á Casota de Freáns. Os sendeiristas tamén terán a oportunidade de descubrir un dolmen que está unha boa parte do ano inundado polo Encoro da Fervenza. O interesados en participar deben anotarse no 981 716 354 ou en visitavimianzo@gmail.com.
Por outra parte, esta fin de semana rematan as visitas guiadas no Castelo de Vimianzo e nos Batáns do Mosquetín. Serán sábado e domingo, ás 12 e ás 17 horas na fortaleza, e ás 13 e ás 18 horas no conxunto etnográfico do Mosquetín.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Vimianzo