Dous accidente en Dumbría e Laxe deixan 3 feridos


Dous accidentes se rexistaron esta chuviosa e escorregadiza mañá de mércores 30 de agosto nas nosas estradas, deixando varios feridos.
Dous feridos en Dumbría

Esta mañá, un accidente obrigaba a paralizar o tráfico na AC-552 a altura de Bustelo, no Concello de Dumbría. 2 coches se viron implicados no choque. Segundo parece, escapábaselle ao coche ao condutor que baixaba, dando varios trompos e sendo imbestido polo vehículo que subía en dirección contraria.
O accidente deixaba dous feridos, un rapaz novo en estado relativamente grave e unha muller que parecía estar en bo estado.
Tiveron que acodir membros da Garda Civil, Protección Civil, os Bombeiros de Cee e varias ambulancias do 061, que trasladaron aos feridos ao centro hospitalario.



Os Bombeiros saían correndo para a Ponte do Porto porque caera unha liña eléctrica.
Un Ferido en Laxe
Eran as 12:00h cando un coche chocaba contra un valo na AC-433, á altura do desvío a Reboredo, en Laxe. O alertante, un veciño, solicitaba asistencia sanitaria para o condutor que estaba fóra do vehículo. Acodiron ao lugar a Garda Civil de Tráfico, ademais dos Bombeiros de Bergantiños, os efectivos do GES de Ponteceso e do persoal do servizo de mantemento da estrada. O ferido foi evacuado polo persoal sanitario.
Accidentes 2017
- 21-08-17: Un accidente múltiple deixa un ferido en Santa Comba.
- 18-08-17: Lamentan a falta de asistencia de Autoestradas de Galicia nun incendio en plena peaxe.
- 07-08-17: A Garda Civil investiga a un condutor que provocou un accidente en Zas e marchou.
- 04-08-17: Unha ferida nun accidente de tráfico en Bértoa.
- 03-08-17: Liberan en Muxía á conductora atrapada polo seu coche despois de volcar:
- 31-07-17: Un novo accidente deixa no cruzamento de Berdoias provoca varios feridos
- 20-07-17: Outro accidente en Carballo precisa da limpeza da estrada por parte dos Bombeiros:
- 18-07-17: Pequeno accidente no centro carballés.
- 07-07-17: Ferido tras sufrir un accidente na súa moto por Baio.
- 04-07-17: Un ferido tras un accidente en Serres.
- 28-06-17: Tres feridos no enésimo accidente no cruce Berdoias.
- 21-06-17: Dous feridos en Corcubión ao bater co seu coche sen carné contra un muro de pedra
- 01-06-17: Un home sufríu un accidente cando rodaba en bicicleta por Corcubión
- 22-05-17: Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos.
- 14-05-17: Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado:
- 08-05-17: Unha moza malpicá de 23 anos falece nun accidente de tráfico na A-6.
- 08-05-17: 3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira.
- 01-05-17: Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo.
- 24-04-17: Dous feridos en Coristanco nun accidente:
- 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros.
- 11-03-17: Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota.
- 07-03-17: Un ferido leve nun accidente en Carballo.
- 10-01-17: Noite de accidentes.
- 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- 112