Dous incendios no Castro e Corcoesto "abren" a tempada

21:58 24/06/17
Pois parece que quedou inaugurada a temporasa de incencios na Costa. Sendos lumes nos concellos de Cabana e Muxía poñen acenden todas as alertas.
Se os medios aéreos estiveron rápidos na zona de Muxía, por Cabana botaron de menos a súa aparición.
Incendio en Corcoesto-Foto-Petón do Lobo
Ardía esta tarde de sábado o monte en Corcoesto. Varias hectáreas están xa arrasadas e o lume continua nun día de seca extrema en dirección á parroquia de Cereo.
Preto das 20 hectáreas foron arrasadas polas lapas.
Quedou controlado outro incendio na zona das Caldeiras do Castro, en Muxía.
Arredor das 16:00 o 085 mobilizaba o helicóptero con 6 componentes.2 motobombas, 2 cuadrillas, 1 axente, e 1 patrulla GC.
O incendio foi atallado con rapidez e non foi grave.
Incendio en Corcoesto


Incendio en Muxía
