Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

4ª Foliada Farrapeira de Cabana

25/xul./2019
14:00 h
Campo de San Fins do Castro
cabana-foliada-farrapeira
4ª Foliada Farrapeira de Cabana

A Asociación Cultural Os Farrapos de Cesullas organiza coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños e a Deputación da Coruña a cuarta edición da Foliada Farrapeira o 25 de xullo. Este encontro de música tradicional terá lugar a partir das 14 horas no campo de San Fins do Castro.

En primeiro lugar cantará a cabanesa Alba Costa Pérez acompañada ao acordeón polo seu pai e de seguido comezará a foliada. Estarán todos os grupos de música tradicional do Concello de Cabana: O Son do Castro de Borneiro, gaiteiros e pandereteiras de Riobó, gaiteiros de Anos, gaiteiros do Fol de Neaño, My Way de Neaño, o acordeonista Ponciano de Canduas e, por suposto, os anfitrións, Os Farrapos de Cesullas. A estes uniranse intérpretes de toda a comarca: Maruxía e Andora de Laxe, Churía de Zas, Inllar, Xa era hora e Oliveira do Couto, Argazo de Baldaio e Dalle que vai da Coruña, que aseguran festa ata a ben entrada a noite. Haberá taberna, churrasco, pulpeira e sorteos durante toda a tarde.

Comentarios