Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Actuación de Costa da Morte: Naufraxios en Laxe

07/dec./2019
20:00 h
Muse do Mar, Laxe
NAUFRAXIOS-LAXE-web
Actuación de Costa da Morte: Naufraxios en Laxe

Costa da Morte: Naufraxios é un proxecto para dar a coñecer a cultura inmaterial da Costa da Morte a través das historias dos naufraxios forman parte da historia e do imaxinario colectivo da comarca, subvencionado pola Deputación Provincial de A Coruña.

O vindeiro 7 de decembro, as 20:00 horas no Museo do Mar darán a coñecer as historias de naufraxios acontecidas no Concello de Laxe.

Os naufraxios

DOUGLAS (1944).

Eugene Casale con 92 non lembra o que lle pasou o día anterior. Un sobre chegado de España cunha fotografía. Aquela fotografía faille viaxar a 1944, a unha aterraxe de emerxencia na Praia de Traba. Os restos do avión Douglas A-26B-15-DT Invader, foron empregados polos veciños para outros fins. En Camelle unha embarcación fungaba e corría coma unha bala, converténdose no barco mais veloz da comarca.

KENMORE

En xaneiro de 1904 nos baixos da praia de Traba de Laxe, en pleno centro da praia, o Kenmore batíase empurrado por xigantescas ondas, paralelo á praia. A peripecia dos veciños foi crucial para o salvamento da tripulación. Polo estoupido das bombas de palenque parecía a celebración dalgunha festa. Nada máis ala, os veciños con cordeis atadas nos foguetes da festa tentaban acadar o barco, tras varias tentativas conseguiron o seu cometido. Ao través do cordel conseguiron levar un cabo a praia. Salvando aos tripulantes enriba dos botes que empregaban o cabo como guía.

ADELAIDE

Guillermo Dovel único supervivente do naufraxio do Adelaide visitaba anualmente o pobo de Laxe, dende aquela fatídica noite do 19 de novembro de 1850. Guillermo Dovel, capitán, marido e pai, visitaba o lugar de soterramento, desconsolado e aflixido, sentíase culpable da morte dos seus seres queridos. O seu fillo cunha doenza respiratoria procuráballe un destino mais seco que o ambiente húmido de Bristol. Aqueles recordos vagaban nos seus miolos, as xentes de Laxe non deixaron de velo cada 19 de decembro.

CHAMOIS

 O  23 de maio de 1883, correuse a voz de que un barco naufragara en Traba de Laxe, axiña as embarcacións da zona rescataron os tripulantes da embarcación. No traslado a terra dos superviventes alguén entendeu que aquel barco ía cargado de bois corréndose o segredo, as gamelas voltaron a nace na procura do botín, atopándose coa carga de carbón do barco.

Comentarios