Evento
Representación da obra O montacargas pola Mostra de Teatro de Malpica

A Mostra de Teatro de Malpica cumpre 15 anos, e para celebralo, ademais das funcións de sala no auditorio do Centro Cívico, a Concellaría de Cultura organiza un ciclo paralelo de espectáculos en comercios e establecementos hostaleiros da vila. Realizarán un percorrido pola escena galega máis actual e divertida a través de 11 propostas escénicas moi variadas. Esta semana:
- 1 de novembro (20.30 h). Ainé Producións Acusmaser Opus
O montacargas (The Dumb Waiter)
Elenco: Santi Romai e Federico Pérez
Dirección: Evaristo Calvo
Duración: 50 minutos
Xénero: Teatro do absurdo
Público preferente: Adulto (en todo caso maiores de 13 anos)
Todos os espectáculos son de balde e ao remate de cada un recolleranse as valoracións do público, que poderá puntuar cada actuación do 1 ao 5, axudando deste xeito a mellorar cada ano a programación segundo os gustos dos/as espectadores/as.