Evento
Andaina Coñece a Costa da Morte por Ponteceso
08/xuño/2019
10:00 h
Monte do Faro de Brantuas

10:59 04/06/19
O calendario de andainas Coñece a Costa da Morte 2019 pechará a súa sétima edición o vindeiro sábado 8 cun percorrido polo noso concello que terá como punto de partida o Monte do Faro de Brantuas e como destino o porto de Corme. Se che gusta o sendeirismo e queres pasar un día en contacto coa natureza, inscríbete antes do xoves 6, ás 13:00 horas, nas oficinas municipais de Ponteceso ou Corme e desfruta da beleza dalgunhas das paraxes naturais máis fermosas do noso municipio