Evento
Andaina por Malpicado colectivo Salitre
09/feb./2020
10:00 h

17:15 06/02/20
A A.C.D. Salitre de Malpica organiza unha ruta polo río Vaa este domingo 9 de febreiro. Serán uns 7 quilómetros de baixa dificultade, e o punto de encontro será o Bar Secundino, ás 10:00 horas.
Recoméndase levar calzado axeitado, xa que unha parte da ruta vai ser por terreo con lama, auga e vexetación. O prezo serán de 6 euros para os non socios, e de 3 euros para os socios. A duración aproximada será de 2 horas e 15 minutos.
As persoas que desexen participar pódense inscribir no Facebook de Salitre, nun formulario en liña. Para máis información, poderán escribir ao enderezo electrónico mailto:salitremalpica@gmail.com