Martes. 22.10.2019
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Andaina pola defensa da lagoa de Alcaián

  • O punto de encontro será o domingo 22, ás 10h00, no aparcadoiro do cemiterio de As Salgueiras (Coristanco).
  • Será unha ruta circular na que se poderá observar a riqueza medioambiental e paisaxística deste espazo natural protexido.
22/set/2019
10:00 h
Dende o Camiterio das Salgueiras (Coristanco)
Andaina pola defensa da lagoa de Alcaián


A Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural, coa colaboración da asociación ambiental Verdegaia, organiza unha andaina para reivindicar a defensa da lagoa de Alcaián, un L.I.C. cualificado como “Área de especial protección paisaxística” e que agora se atopa ameazada polos tres parques eólicos previstos na súa contorna.

A cita é para o domingo 22 de setembro ás 10h00 e o punto de saída – e de chegada – será o aparcadoiro do cemiterio de As Salgueiras, en Coristanco. Está previsto que a duración da andaina sexa de unha hora e media, con algunha parada para observar e comentar a flora e a fauna do lugar. A organización do itinerario conta coa colaboración da asociación ambiental Verdegaia, que ten denunciado en numerosas ocasións o espolio dos recursos naturais e a destrución do medio en Galicia.
 

Comentarios