Evento
Andaina saudable de Entroido en Carnota e comparsa "noite de terror" con lacoada e baile no Pindo

DISFRÁZATE E PONTE A ANDAR! Non perdas a ocasión de coñecer un pouquiño mellor os recantos, as vistas, as paisaxes de Carnota. Se a climatoloxía o permite, pon o disfrace e ven camiñar con humor. Podes vir só/soa, en familia, en cuadrilla ou como che pete, pero ven!
Para participar hai que inscribirse ata o mércores 19 ás 14:00 h na oficina de Cultura e Deportes do Concello de Carnota ou no 981857032 (ext. 4).
A actividade está dirixida a persoas de todas as idades, porén, os/as menores de idade deberán ir acompañados/as de responsables adultos/as.
Comparsa Entroideira e Lacoada con baile no Pindo (ACDR Pedramar)
Ás 18:30 h: desfile polas rúas do Pindo da comparsa “Noite de terror”.
Ás 21:30 h, no Sinal, Lacoada e Baile con DJ.
Máis información e inscricións para a lacoada no Tel. 661362991. Actividade organizada pola ACDR Pedramar.