Xoves. 28.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Andaina saudable entre O Pindo e Quilmas

15/dec./2019
09:30 h
andainas saudables Carnota 2019
Andaina saudable entre O Pindo e Quilmas

Volven as Andainas Saudables a Carnota durante os meses de outubro, novembro e decembro. Rutas que partirán ás 9:30 da mañá, que teñen unha lonxitude que ronda os 10 km e un tempo estimado de 3 horas e media.

O itinerario da terceira das andainas prevista para o 15 de decembro, tamén é circular e unirá os lugares de O Pindo e Quilmas, visitando distintas representacións de arquitectura popular, como o Portiño de Quilmas ou as antigas fábricas de salazón.

Inscrición

As inscricións deberán formalizarse polo menos dous días laborais antes da realización de cada actividade.
Para inscribirse ou consultar máis información pódelo facer chamando ao Departamento de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota: 981857032 ou enviando un email a: [email protected].

Comentarios