Xoves. 18.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Andaita polo Roteiro dos pescadores de Corcubión

06/xul./2019
11:01 h
Andaita polo Roteiro dos pescadores de Corcubión

O próximo sábado 6 de xullo , o Concello de Corcubión organiza unha andaina dentro do programa deportivo do verán 2019.

Esta andaina con saída as 11:00 da praza Castelao, para topar o primeiro dos lavadoiros restaurados que veremos durante o percorrido, ata o alto do Vilar, baixarase ata a aldea de Amarela contemplando as vistas, irase bordeando o litoral utilizando camiños dos pescadores ata chegar o lugar da Redonda.

Comezan os camiños dos pescadores pasando pola boleira Amarela, ate chegar á Capela de Redonda e seguir polas boleiras de prado do monte. Unha vez retomado o camiño, logo de facer a parada de avituaiamento fronte ó mar, chega un tramo pequeno pero con con algo de dificultade pois pásase por uns camiños estreitos e próximos ó mar, chegando a camiñar polas rochas e esquivar algún muro lindante de terreos.
Dende alí toca ir ata a aldea de Oliveira, ata baixar o paseo maritimo onde finzalirá a ruta.

Andaina: Concello de Corcubión . Roteiro dos pescadores .
-Data: Sabado 6 de Xuño de 2019
-Lugar de saída: Praza Castelao
-Hora de saída: 11:00 horas
-Hora de presentación no lugar de saída: 10:45 horas
-Ruta lineal de 12 km e de dificuldade moderada
-O tempo previsto para completar o percorrido é dunhas 3 horas aprox.
-Hora prevista de chegada: 14:00 horas. Praza Castelao.
-Recoméndase calzado e roupa adecuada, así como bebida e comida para o avituaiamento. O percorrido non pasa por ríos nin zonas de auga e parte do camiño é sobre cemento ou asfalto. Inscrición gratuíta: ata o Venres 5 de Xuño ás 14:00 nas oficinas municipais ou no
télefono 981745400.

Comentarios