Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Ao Son do Rural: O Grupo escolar Teatrófilas estrea obra en Baio

02/xuño/2019
18:00 h
Auditorio de Baio
Ao son do Rural-Teatro no Rural no IES de Baio
Ao Son do Rural: O Grupo escolar Teatrófilas estrea obra en Baio

Dentro do Proxecto "Ao son do rural", o Grupo de teatro Teatrófilas do IES Maximino Romero de Lema de Baio, preparou a obra de Varela Buxán, "Taberna sen dono". A estrea será este domingo día 2 de xuño ás 6 da tarde no Auditorio de Baio.

“AO SON DO RURAL” (TEATRO NO RURAL)

O grupo de teatro “Teatrófilas” está formado por alumnado do IES Maximino Romero de Lema,
de Baio (Zas). As alumnas e alumnos que o forman son:
- Teresa Cousillas Lema
- Noa Lema Rial
- Sarai Rial Suárez
- Noa Romero Rama
- Mélodi Lema Martínez
- Alicia Rama Castro
- Míriam Romero Pardiñas
- Lucas Rama Camino
- Raúl Vázquez Roel
- Jorge Rial Fondo
- Manuel Rodríguez Rojo
A obra que preparan para representar é “Taberna sen dono” de Varela Buxán.
O Autor:
Manuel Daniel Varela Buxán: Este autor galego naceu na Estrada en 1909 e finou en 1986.
Emigrou a Arxentina onde fundou a compañía teatral “Aires da terra”. Casou coa actriz galega
Maruxa Villanueva. Castelao, que asistiu á representación dunha das súas obras, encargoulle a
estrea de “Os vellos non deben de namorarse”. Esta obra alternarase coa súa de grande éxito,
“Taberna sen dono”. En 1950 regresou a Galiza onde permanecería ata a súa morte.
Obras:
O teatro de Varela Buxán era un teatro ruralista, ao gusto do emigrante galego daquela época,
pero que tamén recollía os problemas de Galiza. Entre as obras máis destacadas están:
“Taberna sen dono”, “O ferreiro de Santán”, “Se o sei non volvo a casa”, “Triste chegada” ou “O
cego de Fornelos”.
Argumento:
“Taberna sen dono”: Manuel é o dono da taberna da aldea. Home de bo corazón, fía a todo o
mundo ata o extremo de que, angustiado polas débedas, pensa en mandar á súa única filla
polos camiños da emigración. Un día entran uns vaqueiros na taberna e para non pagar arman
un balbordo no que morre unha irmá de Manuel. Unidos todos os veciños, xuntan cartos para
axudar a erguer a taberna e ao remate todo se soluciona.

Comentarios