Evento
Barcos de Costa da Morte atracan en Stoupa

Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974) é mariñeiro, poeta, fotógrafo e pintor; un home polifacético que a base de traballo, de esforzo e sobre todo, de visión, consegue crear obras impecables. No 2011 fíxose célebre na rede social Youtube ao gravarse mentras tiraba ao mar varias caixas de pescado como protesta contra a marxinación de Galicia nas cotas pesqueiras da UE. A súa vida literaria está marcada polo mar; Transfusión Oceánica, Relixión do Mar foi galardoado co premio Victorian do Mar.
#NaciónMar está composta por 15 cadros de acuarelas de 100x38cm onde se representan diferentes tipos de embarcacións que vanse transformando en baleas, meros, centolas etc. “No ano 2019 ollando nos meus cadernos do instituto e da Universidade Laboral , todos cheos de barcos pintados a lápiz e bolígrafo, escomenzo a crear un mundo paralelo onde se misturan as imaxes dos os pesqueiros varados nas praias a espera de pasar inspeccións, navíos míticos da Costa da Morte, e os navíos onde traballei, , con ese marabilloso espazo mariño que se agocha baixo o océan… e ramata decindo: e todo o bo que está a por vir…“ Con estas metamorfoses o autor quere facerlle unha homenaxe as embarcacións e a os seus patrons, que navegarón e navegan pola nosa costa . Cada un dos cadros nos conta unha historia difernte …..
Durante a presentación Iglesias estará acompañado de algúnhs dos patróns dos barcos, e xuntos nos falaran das peripecias, que non son poucas, que foron xurdindo ao longo de estos anos de faena.