![Carlos Blanco]()
Carlos Blanco trae a Camariñas o monólogo “Carlos Blanco ao Vivo (de momento)”. O
8 de outubro poderemos asistir a un espectáculo que leva colleitado un gran éxito de
público tanto dentro como fora da nosa comunidade autónoma; un repaso aos
mellores monólogos de toda unha década, un resumo de máis de 1.500 actuacións
da traxectoria do humorista galego.
Polo escenario pasarán membros da Familia Real, o electricista da Catedral ou
mesmo a duquesa de Alba, ademais da improvisación de Blanco para incluir temas
locais e de actualidade.
A cita será o sábado 8 de outubro as 21 horas na Casa de Pedra. Dende este martes
pódense adquirir as entradas na Biblioteca Municipal de Camariñas a un prezo de 5€
ata completar aforo.