venres. 25.07.2025
El tiempo

A Xunta tamén pecha as última Escola Unitaria de Muros, así como a de Castromil

Escola de Educacion Infantil de Castromil Vimianzo
Escola de Educacion Infantil de Castromil
A Xunta tamén pecha as última Escola Unitaria de Muros, así como a de Castromil

Certo que na Escola de Educación Infantil (as míticas Escolas Unitarias que ofrecen un ensiro rural de 3 a 6 anos) de Castromil, en Vimianzo, quedaban apenas 3 nenos matriculados, os mesmos que na EEI de Muros. Pero o peche destas dúas Unitarias (xunto cos das EEI da Lagoa, Arteixo; Seráns e Queiruga, Porto do Son; Romariz, Soutomaior, e Negueira de Muñiz) ratifica o proceso de descomposición do ensino rural que sofre este país.

O curso pasado xa non abriron as Unitarias de Traba (Laxe)e de Tal de Abaixo (Muros); o anterior as de Torrelaxóns (Laxe) e Carnés (Vimianzo. A rede de Unitarias que sostiñan o ensino rural esmorece, “adaptando o mapa escolar á evolución demográfica”, como explica a Xunta, que explica que publicará o seu peche no Diario Oficial de Galicia proximamente, ao non acadar o número mínimo de 5 alumnos.

As crianzas destas escolas son absorvidas polos CEIPs de referencia.

Escola Educacion Infantil de Muros
Escola Educacion Infantil de Muros

Así por exemplo, o peche da última escola de Educación Infantil de 3 a 6 anos, fai que a situación escolar quede do seguinte xeito, como nos explica a concelleira Laura Rivadeneira:

  • Unha Escoliña Muros, de 0 a 3 anos (Galiña Azul).
  • Tres CEIP (de 4 a 12 anos): CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (Esteiro); CEIP Ramón de Artaza (Serres); CEIP Plurilingüe Louro (Louro).
  • Dous IES: As Insuas e Fontexería, ambos en Serres.

Mäis novas

Comentarios